En poucas horas collerei o primeiro dos avións que me levarán ao meu destino final, China. Ou máis ben, a outro planeta.
A verdade que ultimamente pensara moito neste día, e por suposto que pensara en escribir unha despedida desas emotivas, que comezan buscando a bágoa a carón da terra, pero cambian radicalmente contra o final ante o desafío da nova aventura.
Pero nada, cando puiden non o fixen, e agora o que me apetece é estar cos meus o tempo que me resta. Así que serei breve, e intentarei tocar pouco as emocións. Ademais, xa escoito o bater dos ovos, hoxe toca tortilla, como debe ser.
Para os que non o saibades marcho a Dongguan, provincia de Guangdong. Alí estarei traballando como o que son, enxeñeiro químico. O certo é que me ofreceron un traballo deses que tes que coller si ou si, e logo xa veremos.
Sobre o blog, direi que a miña intención é aproveitar esta a oportunidade e darlle un novo pulo. Así que confío en que sen ter que convertelo nun blog temático sobre China, si poida facer unha especie de crónica semanal sobre o que me chame a atención deste novo planeta e os seus habitantes.
E nada máis. En menos de 24 horas todo ao meu redor será estraño, o mellor será darse conta canto antes que non son eles os raros. Eu serei o extraterrestre, eu serei ET.
ATA PRONTO!!!
Moita sorte no novo destino e no novo traballo. Un emigrado máis é o que nos deixa este país.
ResponderEliminarEspero que nos teñas ao tanto da experiencia e compartas cos teus lectores un pouco de cómo é aquilo.
Unha aperta.
Moitas gracias Cadoi.
ResponderEliminarIntentaremos publicar frecuentemente, desde logo aquí hai material.
Apertas.