A boa nova é o título da miña primeira novela.
Pódela descargar de balde premendo en calquera dos seguintes vínculos:
Versión A4 para imprimir en pdf (74 páxinas, 531 kb).
Versión A5 para lectura dixital en pdf (127 páxinas, 560 kb).
Versión libro electrónico en formato EPUB (93 kb).Se prefires a plataforma Scribd, estes son os enlaces:
Versión A4 para imprimir en pdf (74 páxinas, 531 kb).
Versión A5 para lectura dixital en pdf (127 páxinas, 560 kb).
Esta obra réxese por unha licenza Creative Commons, a cal permite a súa copia,
distribución e comunicación pública, así como as obras derivadas, mentres se
manteña a autoría orixinal e non sexa con fins comerciais. As obras derivadas desta
deben ser distribuídas baixo esta mesma licenza. Para máis información sobre a
licenza: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl
Sinopse:
En poucas palabras: un tipo meteuse nunha lea e pide axuda a unha amiga. A partir de aí a trama vaise complicando, e como tampouco é unha novela moi longa, mellor non seguir contando.
A historia non se anda polas ramas, le o primeiro capítulo e se ves que tal, continúa.
Comentario do autor:
Sempre me gustou escribir e por iso parín isto. Non pretendeu ser unha gran novela nin nada diso, senón que foi máis ben un entretemento. Certo que ademais houbo outras motivacións, pero iso é outra historia.
Non vos vou enganar, este relato concursou en tres premios literarios e non saquei nada deles.
Agora ben, se me preguntades que opino eu da novela, direi que é a hostia.
A trama engancha desde o primeiro momento e o de deixar a lectura ao final dun capítulo faise complicado. Se de algo coido que podo estar orgulloso é do ritmo.
É unha desas historias de bos e malos. Quizais os bos son demasiado bos e os malos demasiado malos, pero as personaxes conseguen conectar enseguida co lector.
Se es lector do meu blog, ou simplemente me coñeces en persoa, xa suporás que o humor tampouco pode faltar. Por suposto, así é.
Se despois de lela apetéceche deixar un comentario/crítica sobre ela, será ben recibido. Iso si, non esquezas que chegou de balde ás túas mans, así que non te pases.
E nada máis. A ler!!!
Teremos que lela ;)
ResponderEliminarEste libro me ha encantado. Y te lo dice una persona que no le gusta mucho leer, tardé 1 hora y algo en leermelo. Bueno y adictivo.
ResponderEliminarMoitísimas grazas Juan! Xa me alegraches o día :D
EliminarEste libro me ha encantado. Y te lo dice una persona que no le gusta mucho leer, tardé 1 hora y algo en leermelo. Bueno y adictivo.
ResponderEliminar