"A primeira vez que vin un trebello tal, foi nas mans, agora tan choradas, de Maeline, filla moza de El Rei. Era unha peza dunha delicada cor azul, semellando a súa tea as ás das bolboretas. Ten a forma dun caxato, construído en ferro e co mango de madeira. Do extremo superior, que é o oposto ó mango, péndelle a tea, tenue, e, sen embargo, impermeable. Esta tea leva debaixo unhas varas, finas coma de vimbio verde, tamén feitas en ferro, e chamadas «béstas», que se artellan nos bordes, por unha beira, e no extremo, pola outra, do eixo do paraugas. Cun enxeñoso mecanismo estas varas pódense pregar ou despregar, abrindo ou fechando así o paraugas, que serve para protexerse da chuvia (paraugas é, segundo é fácil deducir, para-augas)."
Xosé Miranda. Historia dun paraugas azul.
Premio García Barros no ano 1990.
Texto da contraportada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario