"Cando eu digo a palabra «paraugas»,
vostede ve un obxecto na súa mente. Vostede ve un tipo de bastón, con varas
metálicas pregables na parte superior que forman unha armadura para un material impermeable que, ao ser aberto, protexerao da chuvia. Este último detalle é importante. Non
só é un paraugas unha cousa, ademais é unha cousa que desenvolve unha función –noutras
palabras, expresa a vontade do home.[...] Cando se arranca a tea do paraugas, é o paraugas
aínda un paraugas? Vostede abre as varas e ponas sobre a súa cabeza, camiña
baixo a chuvia e empápase. É posible continuar chamando a este obxecto un
paraugas? En xeral a xente o fai. Como moito, dirán que é un paraugas roto.
Para min isto é un erro serio, a fonte de todos os nosos problemas."
Paul Auster. Cidade de Cristal.
A triloxía de Nova York.
(Tradución libre ao galego)
Ningún comentario:
Publicar un comentario